En setembro… Volta ás mesas!

Achégase o outono: os días acúrtanse, volven as nubes e as chuvias, a rapazada toda volve aos pupitres… E as Irmandades do Dado voltamos ás mesas!

Si, si, sabemos que aínda non rematou o verán, pero somos xente previsora e non imos esperar que o sol, a calor e a doce, doce liberdade do estío marchen totalmente para pór en marcha as máquinas dun novo ano de rol. De feito, agora mesmo hai xa no noso servidor varias partidas en marcha -Star Wars con Fate, Alien con Hitos-, outras que están en preparación -toda unha campaña de D&D 5E a piques de comezar-, e outras máis, sobre mozos e mozas, veráns e aulas, espreitando á volta da esquina.

Pero todo isto non é nada sen o factor máis importante destas Irmandades: TI. Unha comunidade non é nada sen as persoas que a forman. Se xa estás no servidor, faite notar: charla nos chats, comenta o teu verán roleiro (e non roleiro!), fálanos das túas expectativas do novo curso, propón partidas ou dirixe. Este é o teu espazo! E se non formas parte aínda das Irmandades do Dado… A que estás esperando?! Bule para adentro, criatura!

Quitádelle o pó aos manuais, pulide os dados e preparade os taboleiros! O novo curso acaba de comezar!

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario