I Xornadas das Letras

CC-BY-SA Dende

Nas Irmandades do Dado celebramos o Día das Letras!

Nas Irmandades estamos 100% comprometides coa lingua, e por iso imos celebrar as I Xornadas das Letras, unhas novas xornadas de rol online en galego que terán lugar entre o 14 e o 17 de maio. Ademais, aproveitando que neste Día das Letras Galegas a homenaxeada é Xela Arias, tamén faremos… un tradutón!

Quero xogar!

Pois estás de sorte: xa están dispoñibles as partidas! Podes velas aquí ou no servidor, onde deberás solicitar plaza na canle #apúntame. As prazas se darán por estrito orden de pedida!

E que é iso do tradutón?

Unha maratón de tradución! Durante todo maio, animámoste a compartir na nosa canle #tradutón as túas traducións roleiras ao galego: descricións de obxectos e monstros, xogos, aventuras, escenarios, axudas, reseñas, ensaios, fichas… Incluso artigos da Wikipedia! A canle tamén serve de lugar de reunión onde intercambiar suxestións, consellos, dúbidas e ideas, ou falar sen máis do que estás traducindo. Algunhas creadoras xa puxeron as súas creacións á nosa disposición, e hai unha iniciativa en marcha para mellorar a Galipedia! A medida que cheguen as traducións, colgarémolas co voso nome no noso blog, no servidor e nas nosas redes sociais.

(Tes máis información aquí!)

Conta máis

Non tes claro o de participar nestas xornadas —ou non podes— pero che interesa o rol online en galego? Con iso tamén podemos traballar! Podes…

Nas Irmandades do Dado, non nos importa o teu nivel de galego, ou a túa variante ou normativa, nin canta experiencia tes xogando ao rol, ou se nunca probaches! Esperámoste!

Séntete libre para compartir e espallar o cartel das xornadas nas túas redes!