I Xornadas das Letras

Xela Arias
CC-BY-SA Dende

Nas Irmandades do Dado celebramos o Día das Letras!

Nestas Irmandades estamos 100% comprometides coa lingua, razón pola que estivemos celebrando do 14 ao 17 de maio as I Xornadas das Letras, xornadas de rol online en galego. (Aquí podes ver as partidas que ofertamos).

Ademais, aproveitando que neste Día das Letras Galegas a homenaxeada é Xela Arias, tamén fixemos un tradutón, é dicir, unha maratón de tradución. Nesta tradutón animamos á xente a compartir no noso servidor durante todo maio as túas traducións roleiras ao galego: descricións de obxectos e monstros, xogos, aventuras, escenarios, axudas, reseñas, ensaios, fichas… Incluso artigos da Wikipedia! Para iso, creamos unha canle que servía tamén de lugar de reunión onde intercambiar suxestións, consellos, dúbidas e ideas, ou falar sen máis do que estás traducindo. Ademais, varias creadoras puxeron as súas creacións á nosa disposición, para traducir, e houbo unha iniciativa para mellorar a Galipedia. Esta publicación antiga daba máis información.

Cartel orixinal das I Xornadas das Letras, para compartir nas redes sociais.