A túa comunidade de rol en galego

As Irmandades do Dado son a primeira comunidade online de rol 100% en galego!

Non importa o teu nivel de galego, a túa variante ou normativa, canta experiencia tes xogando ao rol, ou se nunca probaches! Todo o mundo é benvido para gozar do mellor hobby na nosa lingua.

Entra no servidor para faceres parte da comunidade!

Por certo! Nas Irmandades do Dado, usamos ferramentas de seguridade. Se queres saber máis sobre esta e outras cuestións (como o noso protocolo antiabusos), podes ler as nosas políticas, preguntar no servidor (somos xente moi acolledora 😊) ou contactarnos polo noso Twitter.

Esperámoste!

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario