Partidas das I Xornadas das Letras

Aquí tes as partidas que se ofertaron (e xogaron, agás unha) nas I Xornadas das Letras, que tiveron lugar os días do 14 ao 17 de maio de 2021 no noso servidor.

VENRES 14


Microscope, de Ben Robbins

Unha partida dirixida por xosesinho con sistema propio

CANDO: venres 14, ás 21:30, 2’5 h (aprox.; pero o xogo ten unha virtude moi especial respecto á súa duración)
PRAZAS: 3
SEGURIDADE: Paleta de cores, cartón X
AVISOS: A establecer ao comezo da partida

Stoytelling de Ben Robbins que el define como un rol fractal lexendario. Wordbuilding do creador de Follow. Crear un mundo e unha historia e fliparse falando e xogando deles. Sinxelo e infinito.

  • É preciso usar a cámara para xogar.
  • Non se emitirá en directo e só se grabará se todas as persoas do grupo están conformes.

SÁBADO 15


Ecos

Unha partida de M-Space dirixida por Paladín a la taza

CANDO: Sábado 15, ás 17.00, 2-3 h
PRAZAS: 3-4
SEGURIDADE: Cartón X
AVISOS: Violencia contra animais

A tripulación da Asteria desapareceu no espazo. Existindo a posibilidade que un equipo de investigación rival decidira destruila, o seus patrocinadores contratan aos personaxes para que investiguen o paradero desta xente. Ao parecer estaban a investigar como se comunican os calamares espaciais…

  • Non se usará cámara.
  • Non se grabará nin emitirá.
  • Non se empregarán outras ferramentas.
  • Apta para xente que non coñece o sistema

A fronteira branca

Unha partida de Dead of Night por Roleiradas by Penta

CANDO: Sábado 15, ás 22:30, 2’5 h
PRAZAS: 3-4
SEGURIDADE: Liñas e veos
AVISOS: Terror persoal, violencia interpersoal, saúde física e mental

Dead of Night é un xogo de rol onde interpretas personaxes dunha película de terror e suspense. En A fronteira branca descubriremos o segredo que ocultaba o xeo.

  • A xente que xogue deberá usar cámara.
  • Grabarase para publicar, pero non será emisión en directo.
  • Usarase o tablero virtual de FoundryVTT ou a aplicación Dadiños!. (Aínda sen decidir, por cuestións técnicas.)

DOMINGO 16



Comando Pantasma

Unha partida de Savage World Edición Aventura dirixida por Roque

CANDO: Domingo 16, ás 17:00, 4 h (aprox.)
PRAZAS: 4
SEGURIDADE: Cartón X
AVISOS: Guerra, política, escravismo, contido para maiores de 18 anos

A Galaxia está en guerra! A acollida de escravos fuxidos do Imperio Auriano por parte da democrática Federación Planetaria desencadeou en guerra aberta entre as duas macronacións. A ofensiva auriana é despiadada e xenocida, pero a Federación ten un plan de contraataque. O planeta Gefroren é un punto vital na linea de suministros do exército imperial. Destruir as bases neste planeta suporía un duro revés para o Imperio.

As persoaxes serán membros de un comando da Federación que aterrarán no planeta coa misión de infiltrarse e sabotear os escudos de enerxía que protexen o complexo militar, coa finalidade de que o planeta sexa bombardeado ata non deixar nada en pe.

A partida ten como fin probar o sistema, así que haberá moito “pium, pium” e pouco “blablá”.

Para todos aqueles que o que máis lles guste do rol é rolar dados (aínda que sexan dixitais), esta é a vosa partida!

  • Cámara opcional: permitirase á xente elixir se usala ou non.
  • Non se emite nin graba.
  • Non se usarán ferramentas adicionais.
  • Apta para xente que non coñece o sistema.

LUNS 17


Gatos de Taramundi

Unha partida d’O Secreto dos Gatos (Fate) dirixida por Xurxo

CANDO: Luns 17, ás 11:00, 3.5 h
PRAZAS: 3
SEGURIDADE: Cartón X
AVISOS: Contidos para maiores de 8 anos 

Cando malvadas forzas sobrenaturais asaltan unha pequena aldea, o único que se interpón entre elas e os seus coitados habitantes… son os gatos.

  • Cámara opcional: permitirase á xente elixir se usala ou non.
  • Non se graba nin se emite.
  • Usarase o taboleiro virtual de FoundryVTT (non require usuario).
  • Apta para xente que non coñeza o xogo.